19 de jul de 2018

O colexio Castro Baxoi contará cun novo salón de actos

General



Miño, 18 de xullo de 2018-. O Goberno local de Miño confirma que as obras para
rematar o salón de actos do colexio Castro Baxoi se levarán a cabo ao longo das
próximas semanas. A obra previsimeblemente executarse durante o periodo de
vacacións estival, segundo se comprometeu onte o Xefe territorial de Educación,
Indalecio Cabana. O alcalde de Miño, o independiente Ricardo Sánchez, e o
teniente de alcalde, Jesus Veiga, reunironse onte con representante do Goberno
autonómico e os responsables do centro para abordar as melloras e coñecer as
necesidades do centro escolar de Miño de cara ao próximo curso.
As obras no salón de actos prevén a dotación da infaestrutura básica para, nunha
seguinte fase, completar este importante equipamento co mobiliario necesario,
así como dos recursos TIC precisos. Deste xeito instalarase os acabados nas
paredes, un falso techo, un eficiente sistema de iluminación, un sistema de
aislamento térmico, así como se rematará a instalación eléctrica. Ademaís dotarse
a este espacio cun novo pavimento que complete o envolvemento deste espacio
multifuncional.
Ademais desta obra xa comprometida por parte do Goberno autonómico, o
Goberno local suma a mellora do colexio a instalación dunha marquesina no
acceso ao centro que será montada antes

da chegada do inverno. Esta marquesina, xunto coa reordenación do tráfico e a mellora da seguridade viaria proxectada na rúa Marismas, completan as prioridades do executivo nas
inmedicacións do Castro Baxoi dentro da súa política de mellora da contorna do
espacio educativo.

 
Anterior Siguiente