Miño, 20 de xullo de 2018-. O alcalde de Miño, o independente Ricardo Sánchez, reuniuse esta semana cos responsables do deseño de rutas da nova fase do Plan de Accesibilidade autonómico. O alcalde demandou ao equipo redactor incorporar Costa-Miño ás rutas e contar con parada no servizo que comunica de forma rápida Ferrol e A Coruña a través da AP-9. Ademais o obxectivo é consolidar o transportepúblico a longo prazo. O encontro tivo por finalidade transmitir de forma urxente e precisa estas reivindicacións craves do Goberno local de Miño en defensa dos intereses dos veciños e veciñas do municipio. Sánchez destacou a boa sintonía mantida xa en xuntanzas anteriores. Por iso, o rexedor mostrouse satisfeito e confía en que as demandas de Miño sexan atentidas na súa totalidade, xa que «son propostas lóxicas, necesarias e que sen dúbida supoñerán unha gran mellora».
As demandas suscitadas por Ricardo Sánchez viran contorna a tres puntos fundamentais que en opinión do Goberno local de Miño supoñerían unha trasnformación total da actual estrutura de transporte público. Por unha banda, como primeiro obxectivo, solicitouse incluír de forma definitiva o novo servizo de trasnsporte municipal de Miño dentro dos contratos subscritos no marco do Plan de Accesibilidade autonómico para deste xeito consolidar de forma defintiva o servizo e garantilo a longo prazo.
Como segunda proposta se tránsmitió a nececidad de que os servizos de transporte metropolitano tanto da Coruña como de Ferrol fagan paradas en determinadas franxas horarias en Costa-Miño sen necesidade de que os usarios trasládense ao nucleo de Miño. O incremento de poboación nesta urbanzaición aínda en desenvolvemento suscita a necesidade de comunicala a través da rede de transporte público con ambas areas metropolitanas de forma inmediata.
Para rematar e como medida que incidiria directamente no tempo medio dos
traslados dos veciños e veciñas de Miño tanto a Ferrol como A Coruña se demandó que o autobús que comunica de forma rápida ambas cidades a través da autopista realice unha parada en Miño aproveitando a situación estrategica
da localidade respecto de a AP-9 e como punto intermedio entre as dúas urbes.
Este servizo de transporte por autopista reduce sensiblemente o tempo de viaxe entre A Coruña e Ferrol respecto de as outras dúas alternativas existentes: por O Pedrido e por Betanzos. Así mesmo, repercutirá de forma especial pola comunidade universitaria, xa que se trataría dun servizo moi demandado entre a mozidade miñense.