30 de mar de 2015

VOLUNTARIOS DOS SCOUTS DE GALICIA E A FUNDACIÓN FRAGAS DO MANDEO PARTICIPARÁN NA LIMPEZA E ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS NA PRAIA GRANDE DE MIÑO

General

Voluntarios Dos scouts de Galicia e a Fundación Fragas Do Mandeo participarán o domingo na actuación ambiental para a limpieza e eliminación de especies invasoras na Praia Grande de Miño


Medio centenar de voluntarios do grupo de Scouts de Galicia e da Fundación Fragas do Mandeo levarán a cabo unha actuación o domingo 29 de marzo de 2015 na Praia Grande de Miño para limpar o areal e o seu sistema dunar e erradicar especies exóticas invasoras, principalmente a " Carpobrotus edulis"(Uña de gato), "Vincadifformis" (Cangroia, herba doncela) e Yucca (iuca), unhas especies consideradas como plantas invasoras de ecosistemas e que actualmente ameazan a flora autóctona.


Esta acción que se leva a cabo dende o Concello de Miño en colaboración coa Fundación Fragas do Mandeo e Scouts de Galicia, propón a eliminación completa de especies vexetais alleas ao hábitat da Praia Grande de Miño, que poden constituír un axente de cambio e ameaza para a biodiversidade biolóxica nativa. A totalidade dos traballos realizaranse de modo manual e por control mecánico, non empregando en ningún caso métodos químicos.

Anterior Siguiente