03 de feb de 2016

Que é e como debemos reciclar?

General

DATOS E GUÍA DE RECICLAXE
 

 
DATOS SOBRE RESIDUOS 2015 CONCELLO DE  MIÑO
 

O Concello de Miño traballa activamente para mellorar os resultados de recollida selectiva a nivel municipal e concienciar á poboación na importancia de reciclar e de facelo de xeito adecuado, depositando cada residuo no contedor correspondente.


A continuación móstranse os datos de recollida de lixo no concello de Miño ao longo de 2015, en comparativa co ano 2014.


 
ENVASES (DE PLÁSTICO, BRIKS E LATAS)
1grafico


2014: recolléronse 71,04 toneladas.
 

2015: recolléronse 74,6 Tn recogidas

 

 PAPEL-CARTÓN
 
2grafico

 

2014: recolléronse 89,7 toneladas.

2015: recolléronse 79,24 Tn recogidas

 

 
ACEITE USADO

3-grafico

 

 
VIDRO
 

Os datos de vidro non están actualizados aínda, en canto os teñamos dispoñibles engadiranse. Destacar que se está a realizar una campaña entre o Concello de Miño e Ecovidrio para mellorar este servizo.


FRACCIÓN RESTO: O destino dos residuos depositados neste contedor é SOGAMA, onde esta fracción é convertida en enerxía eléctrica. O concello paga por cada tonelada de residuo tratado, polo que a diminución desta cantidade de residuos aforraría importantes custos, ademais de importantes beneficios ambientais.


 

 

4-grafico

 

 

A calidade da segregación depende da participación da cidadanía, polo que  agradecemos a colaboración [email protected] @s miñenses nesta labor, e animamos a toda a cidadanía a continuar traballando para mellorar os resultados obtidos, resaltando a importancia de reciclar e de facelo de xeito adecuado, depositando cada residuo no contedor correspondente ou no punto limpo.


Para elo , propoñemos unha guía de reciclaxe con consellos que consideramos que poden ser de interese xeral e que axudan a resolver as dúbidas que xurden no proceso de reciclaxe. Para mais información, poden contactar coa área de medio ambiente do concello no teléfono 981778914 ou a través do correo electrónico [email protected]


A


A



Guía de reciclaxe
A

A
Que é e como debemos reciclar?
 

Contedores-total-final

 

O medio ambiente, o contorno que nos rodea é moi importante porque grazas a el podemos vivir e respirar. Nas últimas décadas como hai máis coches, máis lixo producido porque hai moita máis poboación, e moitas industrias, o medio ambiente estase ensuciando.  Hai que intentar entre todos seguir unhas medidas ou consellos para coidar o que nos rodea.


Reciclar é utilizar algo que xa non nos serve para crear outra cousa que si poderemos utilizar. É dicir, cando reciclamos ben o noso lixo, estamos a facer posible que eses residuos (restos, cousas vellas, lixo…) se poidan aproveitar para facer outros produtos.


Cando levamos os residuos aos colectores, debemos asegurarnos de que depositamos todos os envases no contedor correspondente. Se os mesturamos botamos a perder o esforzo de todos, porque cada vez que un residuo acaba no contedor equivocado, o proceso de reciclaxe interrómpese. Para reciclar na casa debes ter o caldeiro do lixo dividido para poder tirar na bolsa correcta os restos do que utilizas. Nesta guía explicámosche como podes separar os diferentes residuos de envases para reciclar e onde debes depositalos.


l



CONTEDOR AMARELO
 

É para tirar envases de metal (latas), briks (paquetes de leite, zumes, batidos, etc.), envases de plástico de comida ou bebida, de produtos de limpeza, bolsas ou envoltorios de plástico e aluminio (de madalenas, galletas, etc.), xeles de baño, colonia, xampú, terrinas de manteiga e envases de iogur, bandexas de poliexpan, etc.



LEMBRA:
 

Latas de conserva (tomate, atún, sardiñas, mexillóns, etc.).
Botes de bebidas. Bandexas de aluminio.
Aerosois. Tapóns metálicos ou de plástico de botellas, de frascos, etc.


SUXESTIÓNS:
 

Se baleiras os envases por completo non despedirán malos cheiros.
Se os pregas ocuparanche menos espazo.
Podes reutilizar as bolsas de plástico dos comercios como bolsas de lixo.

 

 

Amarelo-todo-junto-GRANDE

A


Lembra que no colector amarelo só envases de plástico, latas e briks. Non deposites: refugallos orgánicos, cueiros, envases de vidro, papel, envases de cartón, libros e diarios, restos de comida, xoguetes (aínda que sexan de plástico), caldeiros de plástico, guantes de goma, etc.


l



CONTEDOR  AZUL
 

É para tirar envases e caixas de cartón, xornais, revistas, libros e bolsas de papel, caixas de galletas, de cereais, de zapatos, etc.

 
SUXESTIÓNS:

Prega ben os envases de cartón. Ocuparanche menos espazo e será máis fácil introducilos no colector azul.
Se os metes nunha bolsa de papel, tamén podes introducir esta no colector.

 

Non podes meter no colector azul: papel de aluminio, briks (envases de leite ou zumes), cueiros, panos de mesa e panos de papel sucio, cartón e papel manchados de graxa ou aceite, nin as caixas das pizzas. NON se debe deixar nada fóra do contedor


a


FINAL_Contedor-azul-fINAL2


A



a
IGLÚ VERDE
 

É para tirar vidro. Botellas, tarros, frascos de conservas ou colonias. Iso si, antes de tiralos quítalles o tapón, porque o tapón non é de vidro. Neste contedor NON DEBES TIRAR CRISTAL. De cristal son as lámpadas, espellos ou as fiestras. Os cristais débense levar a un punto limpo especial.


A


Contedor-verde-finalGRANDE


a

Non deposites no contador verde lámpadas, tubos fluorescentes, porcelana e cerámica, cántaros, cristal de ventás ou espellos, vasos, copas de cristal, tapóns e rollas, etc.

 
CONTEDOR GRIS/MARRÓN/VERDE ESCURO PARA LIXO ORGÁNICO
 

Pódense atopar contedores de varias cores, pero adoita poñer “lixo orgánico”. Este contedor é para o resto do lixo: restos de comida, papeis e cartóns sucios, utensilios rotos como unha tixola, cubertos, xoguetes rotos, cd´s, cintas de vídeo, lámpadas, cristais rotos..


A


FINAL_ORGANICO


l



A
QUE É O PUNTO LIMPO DE MIÑOE DONDE ESTÁ?
 

Os puntos limpos son espazos que teñen os concellos, onde a veciñanza, de forma gratuíta, pode depositar os residuos que por ser voluminosos ou perigosos non se poden depositar dentro dos colectores das rúas.


Pto-limpo


Está situado en Gallamonde, xunto ao antigo vertedoiro e o novo campo de fútbol municipal. O acceso ao mesmo está sinalizado no bordo da estrada  nacional 651,  á altura do punto quilométrico 11.


l



QUE RESIDUOS SI PODEMOS LEVAR AO PUNTO LIMPO?
 

Residuos especiais: fluorescentes e luminarias de vapor de mercurio; disolventes, pinturas e vernices; pilas; radiografías; aceites minerais e vexetais usados procedentes de particulares.
Residuos urbanos e asimilables: papel e cartón; vidro; envases de plásticos; bricks e latas; chatarra e metais; téxtiles.
Cascallos de pequenas obras domiciliarias.
Residuos verdes procedentes de podas.
Residuos voluminosos (mobles, colchóns, etc.) e electrodomésticos. Ademais de poder levar estes residuos ao punto limpo, continúa en vigor o servizo de recollida á beira do colector nas distintas parroquias e no núcleo urbano, que consiste na recollida de mobles e electrodomésticos nos días establecidos para iso nos carteis situados nos propios colectores.

 
QUE RESIDUOS NON PODEMOS LEVAR?
 

Materia orgánica: A súa recollida está prevista para ser levada a cabo a través de colectores instalados nas rúas do municipio.
Residuos xerados por empresas: As empresas xa teñen establecido un sistema correcto de xestión dos residuos que producen.
Residuos radioactivos.

 

Horario do punto limpo:

Luns, xoves e sábados de 10.00 a 13.00 h.

Martes, mércores e venres de 16.00 a 19.00 h.

 
CONTEDOR ESPECIAL PARA AS PILAS
Hai contedores especiais onde se deben tirar as pilas, estes adóitanse atopar nos locais comerciais ou sociais.

 

 

Unha vez observada toda a guía propoñémosche un xogo:

xogo

 

DATOS E GUÍA DE RECICLAXE

Adjuntos

Anterior Siguiente