O Alcalde reúnense co delegado territorial de Educación da Coruña
MIÑO, 20 DE OUTUBRO DE 2015
Esta mañá o alcalde, Ricardo Sánchez, tivo unha cordial e amable reunión co delegado territorial de Educación da Coruña, Indalecio Cabana Leira. No dito encontro trataron a situación xeral do edificio escolar de Miño "C.P.I. Castro Baxoi", sobre todo cuestións relacionadas coas obras de mantemento e reparación da edificación, así como das expectativas sobre novas instalacións educativas.