04 de feb de 2016

Miño dispón dunha nova embarcación de emerxencias

General

Miño dispón dunha nova embarcación de emerxencias
 

Zodia-Jesus


a


A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Miño conta desde onte cunha nova embarcación pneumática de salvamento e rescate grazas a unha doazón feita pola Xunta.


O vicepresidente do ente autonómico, Alfonso Rueda, xunto co delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, fixeron a entrega do material de salvamento aos responsables do grupo de emerxencias acompañados por Jesús Veiga Sabín. Un acto que se desenvolveu en Porto do Son e que permitirá unha maior eficacia nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias, matizou Rueda.


En total, foron 13 as localidades beneficiarias deste plan de adecuación de medios en Galicia.

Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar