03 de ago de 2018

Máis de 50 ceboleiros e artesáns participarán na Feira da Cebola Chata de Miño

General



Miño, 3 de agosto de 2018-. O Concello de Miño organiza para esta fin de semana a súa tradiconal feira da cebola chata. Este evento, onde se divulga as calidades deste xenuina cebola, complétase cunha ampla oferta lúdica, gastronómica e cultural que ten como protagonista indiscutible a este alimento. En toal a ediciçon deste ano contarça con 13 postos de cebola, 40 de artesanía e 12 mais utilizados pola Asociación de Empresarios de Miño. A feira comezará mañá ás 10 da mañá coa apertura do mercado de hortalizas e froitas. Neste espazo celebraranse ademais demostracións en directo de manufacutas artesanales e a asociación de amas de casa de Miño levará a cabo varias actividades divulgativas.

Esa misma mañá, a partir das 12 horas comezará un obradoiro de maridaxe de produtos de proximidade (km.0) e viños da IXP Viño dá Terra de Betanzos. Sen dçubida unha dos principais atractivos desta edición. Sonia Molero, secretaria xeral da Asociación Galega de Catadoras Gallaecia ofreceranos tres maridaxes entre produtos e viños da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Durante o obradoiro poderase degustar a nosa suxestión gastronómica deste ano: Pan de cebola chata de Miño acaramelada. Máximo 30 persoas por orde de chegada. Ciomo pecvhe da mañá, ás 13 horas haberá pasarrúas e terá lugar a actuación dos Grupos Tradicionais O’Castro.

 A paritr das 18 horas celebrase o obradoiro infantil “Ceboleiriños” a cargo de Cornelia Craft, Ocio Creativo & Xestión de Eventos. Esta actividade de arte e música é para nenos e nenas de todas as idades. A festa continuará ás 20.30 horas co Festival de Danza e Música Tradicional “XVIII Memorial José Juan García” da ACRD O’Castro no parque municipal da Rúa e que tamén se enmarca dentro do programa municipal para a feira da cebola chata.

O domingo a partir das 10 horas de novo abre o mercado de hortalizas e froitas. As 11.30 horas comeza a Mostra da malla manual e mecanizada na que se explicará o proceso tradcional. A actividade da mañá continua coa pintura ao vivo de recreación artística da cebola que poderá verse ás 12.30 horas. Xa a unha da tarde os Festicultores Troupe Pasarrúas, presentan a actuación titulada “O espectáculo que os psicólogos non queren que vexas”. As 14 horas terá lugar o xantar de malla organizado por a asoaciación cultural A Chalana e que continuará cunha nova mostrada tradiconal malla manual e mecanizada e a explicación de todo o  proceso ás 17 horas. Para ás sete, e como broche de ouro, organizase a degustación de empanadas de cebolas chatas de Miño antes da conclusión da feira que será ás 10 de noite.
Anterior Siguiente