Este ano o día das Letras Galegas é é moi especial, xa que está dedicado ás cantareiras e en Miño temos a honra de contar coa SCRD O Castro, que conta con 6 grupos de cantareiras de entre 3 e 70 anos. ademais de ser o xerme doutros de fama nacional. Por isto teñen preparado un espectáculo especial para festexar este día, que titularon PARA CANTAR VEÑO EU, unha homenaxe ás voces femininas da nosa terra.
O acto terá lugar no auditorio do centro social de A Rúa, ás 12 da mañá.