21 de abr de 2017

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL POSTOS: 2 OFICIAIS ALBANEIS E 4 PEÓNS

General

Prazo para presentación de solicitudes: 5 días hábiles dende a publicación do presente anuncio.

REQUISITOS*:

- Ser desempregado na data de inicio do proceso selectivo.

- Estar en situación de exclusión laboral

Información:  Unidade de Servizos Internos do Concello de Miño.

Taboleiro de anuncios da sede electrónica:

(https://sede.concellodemino.com/es/informacion/tablon/

As solicitudes presentadas na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e no procedemento administrativo común. (Neste caso, os aspirantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Miño, 20 de abril de 2017

O alcalde,

P.D., Resolución 890/2016 (25/10/2016)

Asdo./ Agustín Andrés Andrés

 

*Nota aclaratoria:

- Ser desempregado na data de inicio do proceso selectivo (20/04/2017).

- As persoas a contratar no programa deberán estar (alomenos nunha) nas situacións entre as recollidas nas bases aprobadas pola Excma. Deputación Provincial para a financiación dos servizos mínimos municipais como incluídas en situación de exclusión laboral e que son as seguintes:

Mulleres, ao tener un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
Maiores de 45 anos.
Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.
Persoas en situación de drogodependencia.
Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.
Persoas en fogar monoparental/monomarental.
Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
Persoas vítimas de violencia de xénero.
Persoas sen fogar.
Anterior Siguiente