Prazo para presentación de solicitudes: 5 días hábiles dende a publicación do presente anuncio.
REQUISITOS*:
- Ser desempregado na data de inicio do proceso selectivo.
- Estar en situación de exclusión laboral
Información: Unidade de Servizos Internos do Concello de Miño.
Taboleiro de anuncios da sede electrónica:
(
https://sede.concellodemino.com/es/informacion/tablon/As solicitudes presentadas na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e no procedemento administrativo común. (Neste caso, os aspirantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.
Miño, 20 de abril de 2017
O alcalde,
P.D., Resolución 890/2016 (25/10/2016)
Asdo./ Agustín Andrés Andrés
*Nota aclaratoria:
- Ser desempregado na data de inicio do proceso selectivo (20/04/2017).
- As persoas a contratar no programa deberán estar (alomenos nunha) nas situacións entre as recollidas nas bases aprobadas pola Excma. Deputación Provincial para a financiación dos servizos mínimos municipais como incluídas en situación de exclusión laboral e que son as seguintes:
- Mulleres, ao tener un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
- Maiores de 45 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.
- Persoas en situación de drogodependencia.
- Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.
- Persoas en fogar monoparental/monomarental.
- Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
- Persoas vítimas de violencia de xénero.
- Persoas sen fogar.
comparte este artigo, escolle a túa plataforma