Nacido en Miño en 1962, é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela.
É para min unha honra darche a benvida a esta web que pretende presentar e representar Miño e os seus atractivos pero tamén facilitar a información e a tramitación dos asuntos da cidadanía coa administración local. É, por tanto, unha extensión dos servizos de tramitación e información que ofrece o concello e unha canle idónea de interrelación. Convídote a usala para saber o que acontece no municipio e para as túas xestións con el de xeito doado, cómodo e rápido.
Como alcalde a miña prioridade sempre foi e segue a ser facer un Miño aberto e acolledor para todas e todos, sexan residentes ou visitantes. Somos un pobo pequeno pero que aspira a conservar as vantaxes que isto ofrece (maior proximidade e coñecemento, calidade de vida e tranquilidade) e facelas compatibles coas de localidades máis grandes, como poden ser as actividades deportivas e culturais innovadoras ou a atención especial á conciliación da vida familiar. E podo dicir que nos últimos anos o aumento dos habitantes parece confirmar o crecente atractivo que está a ter Miño para moitas familias que nos elixen para asentarse.
E isto motívanos para que cada ano teñamos máis proxectos en marcha para acadar esa poboación moderna e tradicional, pequena e activa, para todas as idades e todas as orixes. Víveos con nós!
Un afectuoso saúdo
Manuel Vázquez Faraldo