Novas Tecnoloxías e Sociedade Dixital

Novas Tecnoloxías e Sociedade Dixital

A área de Novas Tecnoloxías e Sociedade Dixital ten como principal obxectivo establecer as diferentes liñas estratéxicas de actuación que conducirán a unha maior eficiencia na xestión administrativa e ao desenvolvemento da sociedade da información. Desta forma preténdese xerar unha administración electrónica máis útil e próxima ao cidadán, e impulsar o despregamento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) en Miño de maneira transversal.

Para iso trabállase na implantación de novas tecnoloxías na xestión municipal, dotando tanto ao cidadán como aos empregados municipais das ferramentas informáticas necesarias.

Correspóndelle tamén a xestión das políticas municipais tendentes á implantación completa das esixencias das novas leis de procedemento e achega aos veciños, as plataformas de tramitación electrónica, a sede electrónica municipal.

A través desta enquisa queremos coñecer o estado das coberturas telefónicas onde vives, xa sexa por Wifi ou por Cable, pica a seguinte ligazón.

Enquisa sobre a cobertura telefónica no Concello de Miño

Contacto

Pode poñerse en contacto a través do correo electrónico ou ben recheando o seguinte formulario.

Código de verificación
Enviar