
Miño conta con dous centros educativos públicos, o Colexio Público Integrado Castro Baxoi que acolle escolares de Educación Infantil, Primaria e ESO, e o CEIP de Bemantes que imparte Educación Infantil e os primeiros cursos de Primaria.
|
|
O Concello de Miño apoia e difunde a cultura en todos os seus formatos e niveis. Conta cunha biblioteca municipal no Centro Social de A Rúa e unha Axencia de Lectura no Centro Social de Bemantes, que ademais de ofrecer os seus fondos bibliográficos tamén acollen actividades de animación á lectura e de fomento da cultura en xeral.
Durante todo o ano hai tamén diversos programas de actividades culturais municipais dirixidos a todas as idades e a todos os gustos (Verán, Inverno e Nadal) sen esquecer os actos das Letras Galegas en torno ao 17 de maio.
A concellería de Comunicación encárgase da difusión das novas do Concello de Miño por todos os medios oportunos: prensa escrita, radio, tv, redes sociais, etc.
Ademais promociona e difunde a imaxe de Miño en todos cantos foros sexan necesarios.
Para os dous obxectivos traballa en colaboración co resto das concellerías e da alcaldía, así como do resto dos niveis da administración local.
O Concello, como administración máis próxima á cidadanía, quere escoitar a todas e todos, para ter en conta as súas necesidades e intereses.
Dende esta área iniciaranse procesos de consulta de opinión e preferencias para mellorar a toma de decisións por parte do goberno local.
Segundo a Lei de Transparencia os concellos está obrigados a publicar de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública.
A información suxeita ás obrigacións de transparencia será publicada na sede electrónica ou páxina web dunha maneira clara, estruturada e entendible para os interesados e, preferiblemente, en formatos reutilizables. Estableceranse os mecanismos adecuados para facilitar a accesibilidade, a interoperabilidade, a calidade e a reutilización da información publicada así como a súa identificación e localización.
A información será comprensible, de acceso fácil e gratuíto e estará ao dispor das persoas con discapacidade nunha modalidade fornecida por medios ou en formatos adecuados de maneira que resulten accesibles e comprensibles, conforme ao principio de accesibilidade universal e deseño para todos.
Transparencia
Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
Comunicación
Educación
Bolsas e axudas para estudantes do ministerio de educación
Bolsas e axudas para estudantes da Xunta de Galicia
Bases e resto do procedemento das bolsas de libros municipais
Bases e resto do procedemento das bolsas de comedor municipais
Cultura
Pode poñerse en contacto a través do correo electrónico ou ben recheando o seguinte formulario.
O responsable do tratamento dos seus datos é o Concello de Miño. A finalidade do tratamento é a atención da súa solicitude e manterlle informado das nosas actividades. Pode darse de baixa en calquera rmomento. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, revogación do consentimento e portabilidad se corresponde presencialmente no Concello, na nosa sede electrónica sede electrónica ou en dpd@concellodemino.gal. Para máis información, consulte nosa política de privacidade