15 de abr de 2025

UNIDADE MÓBIL PARA A EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DE DNI E PASAPORTE

Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia

Educación Cultura Comunicación Participación Cidadá Transparencia

 

 

O Ministerio de Interior mellora os servizos para o rural, poñendo en funcionamento unidades móbiles que permitirán a expedición ou renovación do DNI e do pasaporte en apenas 10 minutos, como en calquera comisaría. Ata o momento este servizo só se daba para o DNI,  e ademais había que agardar tres días para a obtención do documento.

Unha das novas unidades móbiles estará en Miño os días 19 e 20 de maio, en horario de 9 a 13 h, aparcada na rúa Mercado (ao lado da Policía Local), e as citas poderán reservarse a partir do 21 de abril no concello, presencialmente ou o teléfono 981 782 006.

Ademais de reservar a cita, as persoas interesadas deberán aportar:

-No caso do DNI

  • Foto recente
  • Volante de empadronamento (no caso de ser una renovación por cambio de domicilio)
  • 12 € en efectivo (no caso de ser una renovación por cambio de domicilio ou filiación o trámite é gratuito)

 

-No caso do pasaporte

  • Foto recente
  • DNI en vigor
  • 30 € en efectivo
  • Partida de nacemento (para menores, que terán que estar acompañados dos dous proxenitores)
Anterior