17 de nov de 2015

Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma15)

General

Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma15)
Normativa

Resolución do 16 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección (IGAPE) que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 183 do 24/09/2015)


Resolución do 11 de novembro de 2015 pola que se modifica a Resolución do 16 de setembro de 2015. (DOG nº 217 do 30/11/2015). Amplíase ata o 30 de novembro de 2015 o prazo de presentación de solicitudes e ata o 9 de decembro de 2015 o prazo de xustificación de axudas.


Obxecto

Convocar axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma15), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.


O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma15 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.


Beneficiarios


Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os bens subvencionables descritos no artigo 3 se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao programa Reforma15 e se destinen ao dito inmoble. A titularidade dos dereitos sobre os inmobles non poderá comportar ánimo de lucro.


Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas

 Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño (excluídos electrodomésticos) realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:




Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.
Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE).
A subvención máxima que se percibirá por persoa física será de 1.000 € nunha ou varias operacións.
Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de tres meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación de mobiliario no enderezo indicado na solicitude de axuda. Este domicilio non poderá figurar en ningún expediente doutro solicitante de axuda ao abeiro deste programa. Os beneficiarios da axuda declararán responsablemente que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional.
Os establecementos de venda deberán identificar claramente os materiais e pezas de mobiliario susceptibles de axuda conforme o establecido nestas bases.
Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Non se considerarán subvencionables os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento nin os gastos realizados en bens usados.


Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude e o derradeiro día do prazo de xustificación.


O IVE (imposto sobre o valor engadido) considerarase gasto subvencionable, dado que os beneficiarios son particulares, para xustificar o cal será necesario realizar unha declaración responsable (establecida na solicitudeanexo II) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional. Porén, para calcular a contía da subvención terase en conta o prezo dos bens impostos excluídos.


Contía da axuda

Será dun 20 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario.


A axuda do Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape.


Polo tanto, a diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40 % desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se poida obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.


En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao seu valor do mercado. 


Presentación de solicitudes

As entidades colaboradoras do programa Reforma15 son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).


O comprador ou compradora dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá un conxunto de bens para adquirir que cumpra os requisitos mínimos exixidos.


Na páxina web do Igape ( http://www.igape.es/reforma15 ) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras do programa Reforma15.


Documentación

Solicitude do beneficiario asinada (anexo II).
DNI/NIE da persoa física, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia da escritura da vivenda a nome do solicitante, ou recibo do imposto de bens inmobles (IBI) ou dalgunha subministración (auga, gas, electricidade, etc., sempre que estea ligado a un domicilio concreto) a nome do solicitante.
Factura xustificativa.
Xustificante bancario do pagamento realizado polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo por portelo ou certificación bancaria)

Prazo

As entidades colaboradoras poderán solicitar a súa adhesión a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG e ata o 30 de outubro de 2015 (código de procedemento IG218).


O prazo de presentación de solicitudes de axuda é ata o 30 de novembro de 2015.


O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 9 de decembro de 2015.


Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma15)

 

Adjuntos

Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar