13 de nov de 2020

NOVEMBRO, MES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Igualdade

 

O Concello de Miño desenvolverá durante este mes de novembro diversas actuacións para concienciar a toda a poboación da secuela da violencia de xénero, que causou máis de 40 mortes este ano, 1.073 desde que empezaron a contabilizarse en 2003.

Entre elas, a adhesión á campaña En Negro Contra as Violencias, por segundo ano, e a De Fronte, na súa primeira edición neste 2020. En colaboración con elas e/ou por iniciativa municipal haberá contacontos, charlas, un desafío poético, talleres nos colexios miñenses e un roteiro contra a violencia, todo iso adaptado ás condicións que impón a pandemia.

Hai que resaltar que paralelamente se iniciaron os traballos para a redacción do Plan de Igualdade de Miño, e que en breve constituirase a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero.

O goberno local demostra así que o seu compromiso contra a violencia de xénero non se limita a unha data senón que se estende a todos os días do ano.

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar