Un ano máis Miño tinguirase de negro o próximo 25 de novembro, conmemorando o Día Contra a Violencia de Xénero.
Neste 2020, o coronavirus cambiou todo nas nosas vidas menos a secuela da violencia machista, que xa causou a morte de 42 mulleres.
Convidamos a veciñas e veciños a loitar cada día contra esta violencia, non só física senón tamén sicolóxica, e o vindeiro mércores expresar a súa condena poñéndose roupa negra, vestindo de negro os seus negocios ou as súas fachadas.
O Concello colaborará este ano entregando máscaras, que se poden recoller no hall da casa do concello para partir do xoves 19. Os propietarios de negocios, ademais, poderán levar un cartel.