Nos meses de outubro e novembro de 2025 terán lugar na Casa do Pescador os primeiros talleres do programa de formación e capacitación para o emprego e o emprendemento ESPAZO GASTRONÓMICO MARMIÑO, enmarcado no proxecto financianciado cunha axuda do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Agricultura (FEMPA) MIÑO EMPRENDE NON MAR: artesanía alimentaria e transformación do produto pesqueiro.
O proxecto está dirixido a persoas traballadoras do sector da pesca e o marisqueo, produtores agroalimentarios, persoas traballadoras en situación de desemprego, que queiran empregar os recursos marítimos pesqueiros para abrir unha nova liña de negocio ou emprender no sector da transformación do produto do mar. Tamén se enfoca a profesionais da restauración que queiran incorporar os produtos do mar na súa oferta gastronómica.
Estes obradoiros incorporarán formación práctica sobre a comercialización e etiquetaxe do produto, control sanitario e tratamento do desperdicio alimentario, así como visitas guiadas a actividades mariñeiras e do campo (Reserva da Biosfera Terra das Mariñas).
Os primeiros obradoiros, de transformación do produto pesqueiro, desenvolveranse no mes de outubro e novembro na Casa do Pescador de Miño (rúa Curro, 33) en horario de tarde, de 16 a 20 h.
+INFO NOS ADXUNTOS A ESTA PUBLICACIÓN
INSCRICIÓNS: Inscrición Obradoiros Miño Emprende no Mar
