30 de ago de 2018

Miño celebra a Romaría de San Ramón

General



 

Miño 30 de agosto de 2018-. O Concello de Miño organiza mañá día 31 de agosto a Romaría en honra de San Ramón non nato. Os actos comezarán ás 13 horas cunha misa e a posta do santo.  Haberá música en directo a partir das 13.30 horas e ás 14.30 horas terá lugar a tradicional comida campestre. A partir das 16 horas a xornada  estará amenizada pola Charanga NBA e o Grupo CQC.
Anterior Siguiente