18 de sep de 2018

Convocadas novas probas para obter o CELGA

General

O Concello de Miño informa de que foron convocadas novas probas para obter o título CELGA no seu nivel dous e catro. Estas probas, que están orientadas a persoas maiores de 16 anos, celebraranse en Santiago de Compostela e Ponferrada. Aínda que non hai unha data pechada para a súa celebración estímase que se levarán a cabo nos meses de novembro e decembro. O prazo de inscrición remata o próximo 4 de outubro. O prezo público é de 15,93 euros. Aquelas persoas interesadas poden descargar o formulario no endererzo www.lingua.gal.

Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar