18 de ene de 2016

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016

General

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016

A Deputación da Coruña convoca a campaña de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, residentes en calquera municipio da provincia.
Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos, ademais dos cursos de esquí.


Uns 150 niñ@s da provincia gozarán de 5 días incribles por só 95


No Concello de Miño, o data límite para a inscrición é o 22 de xaneiro de 2016
O concello presentarán no Rexistro de Entrada da Deputación a listaxe dos/as nenos/as con data límite o 28 de xaneiro de 2016; adiantarán dita listaxe por correo electrónico a [email protected]


triptico-Esqui


Lugar: Leitariegos


Aloxamentos: Estación de Esquí Leitariegos


Duración: De domingo a venres, entrada o domingo pola tarde e a saída o venres despois da comida


Incorporacións: Segundo os puntos de recollida, serán facilitados os puntos e horarios de saída


Regreso: Os venres depois da comida


Destinatarios: Nenos e nenas nados nos anos do 2001 ao 2005, residentes en calquera municipio da provincia


Cota de inscrición: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta  onde se aboará a cota de 95€, facendo costar o nome do/a neno/a, concello e Campaña de Esquí 2016


Inclúe: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Leitariegos, monitores, clases de esquí, sefuros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.


eSQUI-2



Documentación que se entregará
1. Ficha de inscrición debidamente cubertae asinada polos pais ou titor/a

2. Unha foto tipo carné

3. Fotocopia de tarxeta sanitaria

4. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia

5. Copia de aboamento da cota de inscrición

6. No caso de que o neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, axuntarase certificado médicoasinado por facultativo/a.

 
Información:
Tel: 921/080644

Correo: [email protected]

Página: www.dicoruna.es/deportes/actividades
Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar