07 de jul de 2014

O CONCELLO REMATA A LIMPEZA DE MALEZA NAS ZONAS COMÚNS DA URBANIZACIÓN COSTA MIÑO

General

O Concello remata a limpeza de maleza nas zonas comúns da urbanización Costa Miño


O Concello de Miño rematou onte a primeira fase do plan de mellora da urbanización Costa Miño que inclúe a limpeza de maleza e mellora do ornato nos espazos públicos deste ámbito. Nesta primeira parte dos traballos realizados polos traballadores municipais levouse a cabo o roce de todas as rotondas da urbanización, das zonas de xogos infantís e das grandes zonas verdes de esparcimiento, onde os labores poderían continuar ata o xoves.


A tarefa requiriu unha gran despregue de medios posto que a situación de abandono que presentaban estes espazos, sen mantemento durante un prolongado tempo, incrementou o esforzo. Nos próximos días intentarase mellorar o ornato destes espazos co coidado das especies plantadas e estudando a posibilidade de incluír máis plantas ornamental en lugares concretos.


Ademais, como xa anunciou o Concello a pasada semanas, nos próximos días levarase a cabo no contorno unha campaña de eliminación da planta invasora coñecida como herba da pampa .Por outro lado, e tralo requeriemnto municipal, iniciouse a limpeza por parte dos seus propietarios en algunhas zonas privadas deste ámbito.

Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar