28 de oct de 2015

A boa vontade e xestión marca a unanimidade no pleno extraordinario de Miño

General

A boa vontade e xestión marca a unanimidade no pleno extraordinario de Miño
Informe de las mociones presentadas en el pleno ordinario

 MIÑO, 28  DE OUTUBRO  DE 2015

O Concello de Miño celebrou onte pola mañá un Pleno extraordinario no que se deixou entrever o bo funcionamento do Concello. Unha sesión plenaria marcada pola unanimidade da Corporación en todas as propostas das distintas mocións presentadas no Pleno ordinario celebrado o 15 de setembro de 2015 dentro dun ambiente de normalidade e calma.


A moción presentada polo grupo do Partido Popular era relativa ás bases para a concesión das bolsas de material escolar e do comedor escolar para que fosen ditaminadas pola Comisión Informativa de Asuntos Xerais.


Doutra banda, o alcalde, Ricardo Sánchez Oroza tombou a moción do grupo municipal PSdeG- PSOE na que se pedía que o Pleno da Corporación fose o que  aprobase as bases de selección de persoal e os pregos de condicións para a contratación, xa que lle corresponde ao alcalde esta competencia. Aínda que o rexedor acepta de boa vontade someter á comisión informativa todos os pregos de condicións das futuras contratacións  en aras da transparencia como subliñou Sánchez.


A boa vontade e a boa xestión plásmanse nas reunións nas que se aproban por unanimidade todas as propostas  ata o día de hoxe. Destaca nesta sesión a serenidade dos partidos políticos (PP e PSdeG-PSOE), onde parece que as augas volven á súa canle.


Así mesmo,  Ricardo Sánchez Oroza definiu como unha ofensa as declaracións dun dos portavoces dos expropiados, Santiago González, en relación ao último auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no que se lle dá ao Concello un prazo de catro meses para que presente un plan de pago. González sinalou que “Non nos preocupa porque o xuíz ten que tomar unha determinación e se teñen que intervir o Concello que o fagan”. O alcalde considera esta manifestación unha falta de respecto cara á veciñanza de Miño, e dubida de que a vontade de intervención ao municipio sexa unha opinión compartida pola maioría dos expropiados. Ademais sostén que o Concello vai facer un esforzo para pagar unha débeda herdada por imperativo legal. Ademais, indica que tampouco é verdade que os 6 millóns vaian chegar no 2017. Moito menos certo é que na reunión mantida en xullo cos avogados da expropiación se tocase o tema dos intereses, asevera o rexedor.

Adjuntos

Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar