28 de mar de 2025

UNIDADE MÓBIL RETORNO

Servizos Sociais e Benestar

Servizos Sociais Benestar

 

O programa estratéxico “Galicia Retorna 2023-2026” da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, prestará un servizo de oficina itinerante de atención ás personas retornadas, nunha unidade móbil que percorrerá diferentes concellos das catro provincias galegas.
Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os
seguintes, entre outros:


- Temas administrativos anteriores e posteriores ao retorno
- Prestación, subvencións e axudas
- Asistencia sanitaria
- Vivenda e formación
- Orientación laboral e emprego

 

Esta unidade estará en Miño (rúa Mercado) o martes 1 de abril, en horario de 9 a 14 h.

Para solicitar cita previa:

https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa

 Ou no teléfono 900 102 380

Anterior Seguinte