23 de xuñ de 2025

NOVO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Servizos Sociais e Benestar

Servizos Sociais Benestar

Os alcaldes de Miño, Pontedeume e Vilarmaior e membros das corporacións visitaron hoxe as instalacións do centro de atención temperá de Leiro xunto coa directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta, Begoña Abeijón. Alí tiveron ocasión de coñecer a actividade que se desenvolve no centro, o cal xa ofrece atención especializada a 19 menores de entre 0 e 6 anos.

Este novo servizo da resposta á demanda social e permite ofrecer o apoio profesional dun equipo profesional multidisciplinar composto por unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda ás nenas e nenos da zona con necesidades especias no seu desenvolvemento ou risco de padecelas sen ter que desprazarse á Coruña.

Este gran avance para os tres concellos é posible gracias á cofinanciación de fondos europeos do programa FSE+ Galicia e á contribución da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

 

Anterior Seguinte