24 de xul de 2018

Miño garante o abastecemento de auga potable cunh nova infreaestructura na zona de captación do rio Lambre

Xeral



Miño, 24 de xullo de 2018-. O Goberno local de Miño logrou garantir o abastecemento de auga potable ao municipio ao asegurarse un investimento de máis de 59.000 euros que levará a cabo o organismo competente, Augas de Galicia, na zona de capatación do río Lambre. Esta obra, de vital importancia, soluciona un grave problema que poñía en serio risco o servizo de abastecemento nun futuro inmediato.

Desde principios de 2018 e debido ás intensas choivas vénse producindo un desvío natural da canle do río Lambre nas proximidades da zona de captación que desabastece o azud. Os técnicos apreciaron que ata un 90% do volume de caudal trancurre xa pola nova canle. Así mesmo, a erosión producida pola nova canle afectou á cimentación da obra civil do azud.

Ante esta grave situación o Goberno local reuniuse en pasado 10 de abril co director de Augas de Galicia, Roberto Rodriguez, para transmitirlle a necesidade de acometer de xeito urxente os traballos necesarios para revertir este risco.

Os traballos, que se levarán a cabo ao longo do mes de setembro aproveitando que nesta data o río presentará os seus mínimos anuais, permitirán mellorar a captación existente e consolidar os marxes actuais. Para iso  ampliarase o azud e reforzarase a cimentación desta infraestructura. De forma complementaria construiranse muros nos noiros do río co obxectivo de evitar  a erosión dos mesmos. Ademais levarase a cabo labores de bioinxeneria nas marxes fluviales para frear a erosión nas ribeiras e recuperar a cuberta forestal da zona. O prazo de execucióin será dun mes e supoñerá un investimento total de 59.500 euros.

O Gobenro local mostrouse satisfeito pola consecución desta importante obra. Tanto o alcalde, o independente Ricardo Sánchez, como o tenente de alcalde e edil de obras, Jesús Veiga, resaltaron a importancia de gestionar este problema coa antelación e previsión necesaria para evitar anomalías no servizo ou situacións de maior gravidade contempradas ante a gravidade da situación, xa que en función do estiaxe sería complicado manter a regularidade do subministro á poboación nos próximos veráns.
Anterior Seguinte