20 de xul de 2018

Miño contará cunha gran oferta cultural e recreativa para este fin de semana

Xeral

Miño, 20 de xullo de 2018-. Miño contará cunha completa oferta cultural e recreativa par este fin de semana. Os actos e eventos comezarán hoxe venres cunha paella solidaria organizada pola Asociacióm contra o Cancro. Esta cea levarase a cabo no parque municipal da rúa. A hora de comeinzo será a partir das 21 horas. Unha hora despues, a partir das 22 horas, comezará o concerto, con visionado de documental incluído, de Mateo Arnaiz «O son das emocións». Esta actuación-proxección está incluída dentro do Programa Municipal de Actividades de verán organzaido polo Concello de Miño. O concierto de guitarra durará media hora e a continuación levarase a cabo a proxección da peza domuental sobre o Monasterio de Monfero e as Fragas do Eume.

 

A oferta cultural e recreativa continuará o sábado co II Festival de Cometas organizado pola asociación Miño Contigo. Esta divertida actividade, orientada para toda a familia, celebrarase entre as 16 e as 20 horas na Praia Grande. Máis tarde, celebrarase o II Festival de Karaoke organizado pola Asociación de empresarios de Miño.

 

Esta competición contará con 600 euros en premios que se repartirán en vales de consumo da asociación de empresarios de Miño. Ademais celebrarase un sorteo no que se repartirán 6 vales por valor de 200 euros. O festival de Karaoke comezará ás 21 horas na praza do Parchís.

 

Tamén o sábado celebrarase a XIII Travesía a nado Memorial Miguel Santosen na praia de Perbes. Para categoría benjamín e infantil celebrarase unha proba de 25 metros a partir das 17 horas. O evento organizado por Club Marítimo de Perbes complétase coa saída da proba para maiores na que os nadadores terán que completar un percorrido de 600 metros.

Ademais, durante este fin de semana celébranse as Festas patronais da parroquia de Callobre. O programa desta festa inclúe as actuacións da orquesta os Satélites o venres a partir das 22.30 horas e a orquesta Galilea o sábado ás 22.30 entre outras actuacións e eventos previstos pola organización.

 

 
Anterior Seguinte