Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura chegan a Miño cos despregamentos 4 G e 5 G.
As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Miño o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4 G e 5 G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á poboación de Miño gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.
Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Chega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.
O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: