15 de xul de 2025

IV FEIRA DA CULTURA EN CAMIÑO

Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia

Educación Cultura Comunicación Participación Cidadá Transparencia

Miño converterase na capital literaria de Galicia coa celebración da cuarta edición da Feira da Cultura EnCaMiño, que reunirá a máis dun cento de escritoras e escritores entre os días 17 e 20 de xullo, así como a editoras, librarías e outros axentes do sector cultural.

A feira, que este ano se desenvolverá nas Pistas do Rabazal e no Centro Social A Rúa, contará cun amplo programa que inclúe obradoiros, conversas e faladoiros literarios para todo tipo de público lector, así como sinaturas de exemplares, unha presentación itinerante por escenarios marítimos, un roteiro poético pola Fraga do Xarío ou espectáculos infantís, de narración oral, humorísticos e musicais.

 

 

Anterior Seguinte