11 de xul de 2025

IMPORTANTE: ESTE VERÁN, ANTES DE VIAXAR, DOA SANGUE

Xeral

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará en Miño (rúa Mercado) o dia 16 de xullo, en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.

No verán, debido ás vacacións e aos numerosos desprazamentos da poboación, o número de doazóns redúcese sensiblemente, aínda que nos hospitais continúase necesitando 400 doazóns de sangue cada día.

Calquera persoa maior de 18 anos e que pese máis de 50 Kg pode doar sangue; é un procedemento indoloro, que só dura 10 minutos e permite salvar a vida a moitas persoas.

*Nos adxuntos a esta publicación pode atoparse máis información sobre o proceso da doazón

Adxuntos

Anterior Seguinte