O venres 15 inaugurarase a exposición MIÑENSES NON URUGUAI.Homenaxe a Anton Crestar, que percorre as vivencias na emigración de miñensas e miñenses durante a historia, ademais de dedicar unha especial atención á figura de Antón Crestar, significado galeguista e artista polifacético na súa vida en Uruguai ademáis de fillo predilecto de Miño.
A mostra está organizada polo Concello de Miño, en colaboración co Consello da Cultura Galega, e poderase visitar no centro social da Rúa ata o 10 de xaneiro.