O pasado 5 de decembro saíu publicada a convocatoria de subvencións municipais para actividades e investimentos culturais e deportivos para o ano 2023. É salientable que este ano hai unha nova liña de subvención para deportistas individuais.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais a partir do día seguinte á súa publicación, polo tanto tendes que presentar as solicitudes no Rexistro do concello ou mediante a sede electrónica ata o 15 de decembro incluído.
Bases e solicitudes nos adxuntos a esta publicación.