12 de xan de 2024

ACTUALIZACIÓN SOBRE A MAREA DE PELLETS

Medio Ambiente, Zonas Verdes, Praias e Servizos

Medio Ambiente Zonas Verdes Praias Servizos

Dentro do Plan CAMGAL acaba de publicarse o protocolo para a recollida de pellets para entidades e persoas voluntarias, e por tanto é o que se debe aplicar para evitar causar danos ao medio ambiente.

Rogamos encarecidamente que se respecten as instrucións e se evite pasear polos areais, debido a que con iso entérranse os pellets e dificúltase a súa retirada.

O concello está xa a colocar estas mesmas instruccións nos contenedores instalados nas praias para o depósito EXCLUSIVO dos pellets, en bolsas pechadas.

*Lembramos que a praia da Alameda, en Ponte do Porco, pertence á REDE NATURA e por tanto calquera actuación nela debe comunicarse previamente ao Servizo de Protección Natural da Coruña (981 184 839)

 

 

Adxuntos

Anterior Seguinte