24 de xul de 2018

A Música ao vivo e a danza urbana protagonistas da axenda cultural en Miño esta semana

Xeral


Miño, 24 de julio de 2018-. O Concello de Miño acolle esta semana unha trepidante actividade cultural que terá na danza e na música ao vivo os seus protagonistas. A axenda inaugúrase hoxe a partir das 23 horas coa actuación banda de rock «Juego Sucio», que toca esta noite no parque da Rúa nunha actividade organizada polo departamento de Cultura do Concello. Mañá a praza do Parchís acolle un espectáculo de danza urbana con ineterés para a xente nova pero tamén para toda a familia. O grupo street dance Presto Vivace presenta o espectáculo «Danza urbana e os seus estilos». Esta actuación, enmarcada dentro do Programa de actividades para o verán do Concello, terá lugar ás 20.30 horas na praza do Parchís.

Ademais de estas actividades, o festival Loro Facu será o protagonista desta semana. O festival, con espacio de acampada, instalarase no Campeiro desde o venres 27 ata o domingo 29. Este festival contará con actuacións de pago, pero tamén con concertos acústicos de acceso libre. É o caso dos progueses «We bless this mess» ou os afamados «Wanted Wintows». Estre outras bandas visitarán Miño esta fin de semana grupos como Los Bengala, Sexy Zebras, Minor Empires, Aphonnic, True Montains, Nave Nodriza, Kings of the beach, Blue y los locales Artificieros. Para conseguir entradas e ampliar informaciçon dos horarios visitar o portal web do festival no enderezo http://www.lorofacu.es.
Anterior Seguinte