06 de oct de 2016

Nota informativa

General

O Concello de Miño informa que a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,  no seu artigo 30 establece:


"Cómputo de plazos.


(...) Punto. 2. Sempre que por lei ou no dereito da Unión europea non se exprese outro cómputo, cando os prazos se sinalen por días, enténdese que estes son hábiles, polo que se exclúen do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos."


E na Disposición final sétima. 


"Entrada en vigor


A presente lei entrará en vigor ao ano da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado»"


Pódese consultar a citada publicación en http://www.boe.es/boe/dias/2015/10/02/pdfs/BOE-A-2015-10565.pdf


Ao abeiro do exposto, dende o 3 de outubro de 2016 os sábados deixan de ser días hábiles a efectos de cómputo de prazos, polo que a partir desa data as oficinas municipais deste Concello non abrirán os sábados.

 

Anterior Siguiente