16 de mar de 2016

Limpeza dos nosos areais

General

Previo aos festivos de Semana Santa, estase a realizar unha limpeza en todos os areais do Concello de Miño por parte dos operarios municipais, retirando os residuos inorgánicos coma plásticos, redes, neumáticos, etc, que se foron depositando neles ao longo de todo o inverno.

En consonancia con criterios ambientais e cos criterios establecidos para o outorgamento da Bandeira Azul, nestas limpezas non se están a retirar os restos orgánicos, fundamentalmente as algas, dado que estas son elementos naturais da praia cunha importante función biolóxica, serven de hábitat e alimento para moitas especies de insectos e crustáceos, e son fundamentais para manter a area da praia e aportar nutrientes ao mar. As algas nunca deben considerarse suciedade.

Aproveitando a ocasión, recórdase aos usuarios que disfruten dos areais Miñense durante estes festivos ou calquera outra época, que as dunas son de vital importancia para estes hábitats, e que as plantas dunares son moi sensibles ao pisoteo, polo que se deben utilizar os accesos habilitados, evitando atravesalas.

Colabora a manter limpas as nosas praias.

foto_praia2

Anterior Siguiente
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies. Aceptar