Os días 19 de outubro e 30 de novembro realizaranse senllas xornadas micolóxicas.
Comezarán cun roteiro de campo para recoller e identificar especies de cogomelos, para logo compartir un picnic (achegado polos participantes) no Local Social de Ponte do Porco e continuar coa identificación.
A inscrición pode realizarse presencial ou de maneira telemática, e a folla de inscrición pódese descargar nos adxuntos a esta publicación.