X CERTAME DE POESÍA MAIORES DE 55 DO CONCELLO DE MIÑO
Xeral
21 de
mar de
2016
Tes máis de 55 anos?
Gustaríache expresar os teus sentimentos ou inquedanzas nun poema?
Convidámoste a participar no concurso que un ano máis o Concello de Miño, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca para celebrar o mes do libro.
Tes de prazo ata o 12 de abril ás 21,00 h para presentar a túa obra.
Podes consultar as bases na Biblioteca Pública Municipal.