03 de dec de 2015

Sánchez propón máis paradas no percorrido do transporte escolar en Costa Miño Golf

Xeral

Sánchez propón máis paradas no percorrido do  transporte escolar en Costa Miño Golf


 

O alcalde do municipio reuniuse co representante da asociación de veciños da urbanización para determinar os novos emprazamentos, en concreto trátase de tres novas paradas. Agora queda reunirse co delegado territorial de Educación da Xunta.


O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez Oroza, reuniuse cun dos representantes da asociación de veciños de Costa Miño Golf co obxectivo de mellorar o percorrido do transporte escolar por esta zona.


Tras este encontro, o itinerario quedou consensuado. O que se pretende é dotar a ruta escolar actual con tres novas paradas para que os nenos e as nenas de Costa Miño Golf poidan acceder ao autocar con maior facilidade e sen ter que desprazarse demasiado. Así responde o rexedor ás peticións expostas na asemblea que tivo coa veciñanza da urbanización.


A próxima reunión será co delegado territorial de Educación da Xunta, Indalecio Cabana, co fin de propoñerlle esta mellora do percorrido do transporte escolar por esta zona.

Anterior Seguinte