Programa "Coñece o teu Concello"
Dirixido á veciñanza de Miño de todas as idades, consiste en roteiros organizados e interpretados por guías de natureza do noso municipio.
Porque Miño é un concello rico en paisaxes, ás veces pouco coñecido, o Concello lanza un programa para que todas e todos poidamos descubrir os seus espazos naturais dende a terra (a pé) e o mar (en catamarán eléctrico).
A inscrición é de balde e o prazo comeza o próximo luns 10 de abril ata esgotar prazas.
Prioridade para empadroados