09 de dec de 2015

Programa Nadal 2015

Xeral

Programa Nadal 2015
Queridos veciñ@s,

Diríxome a [email protected] vós nestas datas tan especiais, co desexo de enviarvos unha mensaxe chea de felicidade e ilusión.


Esta época é un magnífico momento para repasar o ano que remata, mais tamén parar mirar cara ao futuro con optimismo e con gañas de loitar por conseguir un mundo onde haxa xustiza e paz para [email protected] Son datas para facer un balance do traballo realizado, e nós podemos dicir que nestes últimos meses traballamos duramente por mellorar os nosos servizos sociais e así estar, en primeiro lugar, a carón das persoas que máis o necesitan.


Agora que empeza un novo ano temos que acollelo con esperanza e forzas. Desde o Concello seguiremos traballando por facer de Miño un lugar mellor, procurando a maior calidade de vida posible para @s miñenses.


Permítome, en nome da Corporación municipal e de todas as persoas que desde o Concello nos esforzamos por mellorar o noso municipio, desexarvos unhas felices festas e que o ano 2016 nos traia xustiza, traballo, saúde e felicidade.


Ademais pretendemos divulgar por medio deste boletín a programación municipal para as festas do Nadal. Vivamos e gocemos intensamente destas datas preparadas para [email protected] con grande ilusión.


Programación Nadal 2015


Unha aperta para [email protected],


 O alcalde

Adxuntos

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar