19 de nov de 2015

O alumnado do Máster de Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en Miño

Xeral

O alumnado do Máster de Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en Miño


taller

Na mañá do luns 23 de novembro recibiremos a visita do alumnado e do equipo de coordinación do Máster de Arquitectura da Paisaxe 2015-2016 da Fundación Juana de Vega. Para Miño é de gran importancia que a Fundación elixise como área de intervención a zona das marismas posto que isto permite ao Concello obter máis información e unha canteira de ideas acordes coa liña que leva o Concello para declarar este lugar como ENIL (Espazo Natural de Interese Local)


taller2O taller terá por obxecto o estudo do ámbito que conforma a zona húmida e a praia de Miño e o seu sistema hídrico, entendido este como a unidade de estudo máis coherente. Partirase dunha análise exhaustiva da área de intervención.


A análise territorial, o recoñecemento dos patróns de ocupación humanos e non humanos e un paseo crítico servirá  para a elaboración dunha cartografía sensible.


Deseñar a paisaxe supón establecer as trazas, a organización e a materialización dunha certa idea sobre a configuración material da contorna física. Presupón a  vontade de intervir e transformar, dar forma, construír unha idea, un horizonte, un lugar...., onde talvez só existía un baleiro.


 
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar