09 de nov de 2018

Non dubides en chamar se tes problemas coa TDT

Xeral

tdt

O Concello de Miño informa que a instalación do servizo de telefonía móbil de 4ª Xeración (4G na banda de 800 Mhz)que se está a producir no noso concello e a súa contorna pode producir afectaciones na recepción de televisión digital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectaciones e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuito para os veciños e veciñas afectados.


O próximo de 30 de Novembro , finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuitas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectaciones ocasionadas por estes nodos 4G. En caso de calquera dúbida sempre pode chamar ao teléfono gratuito da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA800, 900 831 902, onde se lle facilitará toda a información referente ás posibles afectaciones ocasionadas por estacións base de telefonía móbil no noso municipio ou en municipios colindantes.

Anterior Seguinte