11 de mai de 2021

MÚSICA ENCAMIÑO

Xeral

A fin de semana das Letras Galegas Miño gozará dun festival de música da nosa terra, grazas á colaboración de O Teu Xacobeo e da Xunta de Galicia. 

Tres días de música, con entrada gratuíta ata completar aforo e con todas as medidas de seguridade COVID. Ademais, buscouse que sexa un evento accesible para todos, e contará con intérprete de lingua de signos e mochilas vibratorias para que as persoas con discapacidade auditiva poidan gozar del.

As mochilas, cedidas polo Concello de Nigrán, deben reservarse ata o xoves 13 en comunicacion@concellodemino.gal

 

 

Anterior Seguinte