04 de nov de 2015

II Concurso de guións contra a violencia de xénero

Xeral

II Concurso de guións contra a violencia de xénero


Dende a Sección de Servizos Sociais e Politicas de Igualdade de xénero da Diputación da Coruña, se convoca o II Concurssso de guións contra a violencia de xénero no marco das actividades de conmemoración do 25 de novembro día adicado a loita contra a violencia.


O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater a violencia de xénero. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.


O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social, potencialidade e viabilidade audiovisual, que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación en xeral dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.


Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 2000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.


Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar