29 de dec de 2020

EXPOSICIÓN ITINERANTE DE ALFOMBRISMO

Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia

Educación Cultura Comunicación Participación Cidadá Transparencia

Desde hoxe 29 de decembro e ata o 5 de xaneiro poderá visitarse no recibidor da casa do concello unha mostra fotográfica do traballo dos membros da Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (Fagaarte).

Este ano excepcional a maioría das súas alfombras tiveron que ser contempladas virtualmente, e agora teremos a oportunidade de velas en fotos e tamén en vivo, con dúas mostras da súa arte. FAGAARTE e os nosos veciños Alfombristas de Perbes tiveron a deferencia de enviar senllas alfombras para goce dos visitantes á mostra.

 

Anterior Seguinte