12 de abr de 2024

CONVOCATORIA DE EMPREGO: PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Emprego, Turismo, Deporte, Promoción Económica e Tecido Asociativo

Emprego Turismo Deporte Promoción Económica Tecido Asociativo

O Concello convoca a selección e posterior contratación laboral temporal de persoal desempregado (4 postos de traballo, 1 de oficial+3 de peón especialista) no marco do programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais, financiado pola excma. Deputación Provincial Da Coruña  (PIL, programa de integración laboral 2024)

 A duración do contrato será de CATRO MESES E QUINCE DÍAS, a desenvolver previsiblemente entre o próximo 1 de xuño e o 15 de outubro de 2024.

Prazo para presentación de solicitudes: 5 días hábiles dende a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Forma de provisión: Oposición.
Información: Unidade de Servizos Internos do Concello de Miño.
Taboleiro de anuncios da sede electrónica:
(https://sede.concellodemino.gal/es/informacion/tablon/)

Bases e anexos nos adxuntos desta publicación.

 

Adxuntos

Anterior Seguinte