19 de feb de 2021

CONVENIO PARA O CONTROL DE COLONIAS FELINAS

Medio Ambiente, Zonas Verdes, Praias e Servizos

Medio Ambiente Zonas Verdes Praias Servizos

O Concello asinará en breve o convenio coa Asociación Xuntos As Mariñas para o control de colonias felinas seguindo o método CES (captura, esterilización e solta) que se aprobou no pleno do 18 de febreiro de 2021.

Con isto, a partir de agora quen desexe alimentar aos gatos da rúa pode ser voluntaria/o da asociación protectora, que lle dará as pautas e lugares para facelo.

O Concello facilitará á Xuntos As Mariñas as estruturas que se empregarán para isto:

 

Anterior Seguinte