29 de out de 2015

As bases do Primeiro Concurso de Samaín

Xeral

As bases do Primeiro Concurso de Samaín


 

Ás 16.30 h terá lugar a saída das pistas de Rabazal das Santas Compañas do Samaín. Irán grupos de mozos e mozas con disfraces de samaín facendo un pasarrúas pola vila acompañados con música a cargo da Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva O´Castro dende Rabazal até o aparcadoiro subterráneo da praza do Parchís e ás 20.00 h realizarase a entrega dos premios do 1º Concurso de disfraces de medo e cabazas do Samaín.


As bases son as seguintes:


1º.-Poderán participar no concurso todos as aulas que teñan previsto realizar algún viaxe educativa durante o presente curso escolar.


2º.Os premios serán para o conxunto dos alumnos que compoñen a aula que representen.


3º.-Cada grupo deberá estar conformado por un mínimo de 10 alumnos, non sendo obrigatorio a súa pertenza a devandita aula e curso.


4º.-Os premios serán os seguintes:


* Primeiro: 300€


* Segundo: 250€


* Terceiro: 200€


5º.-Todos os alumnos que compoñan un grupo participante terán que vir disfrazados (pantasma, zombis, apuntados, ….) en consonancia coa festa do Samain. O grupo deberá traer talladas e/ou adornadas un mínimo de 3 cabazas.


6º.-Valoración para a atorgación dos premios:


      A.-Por cada alumno disfrazado participante o grupo recibirá 1 punto.


    B.- Existirá 2 valoracións populares que consistira en que toda persoa que o desexe poida votar ao grupo mellor disfrazado e por outro lado ao grupo que presente as mellores cabazas. Cada persoa que participe como tribunal popular poderá dar un só punto en cada unha das 2 categorías.


     C.-Unha vez finalizada a votación popular sumaranse os puntos totais das 3 categorías asignándose os premios en orden á suma total dos votos obtidos. Sendo o primeiro premio para o grupo que obteña unha maior cantidade de puntos o segundo para o grupo que obteña o segundo posto maior de puntos e así sucesivamente ate completar todos os premios.


7º.-Unha vez finalizado o reconto o Concello de Miño procederá a dar ao representate do grupo o documento acreditativo do premio obtido.


 
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar