20 de xan de 2016

ACORDO DE GOBERNABILIDADE EN MIÑO

Xeral

ACORDO DE GOBERNABILIDADE EN MIÑO


Os portavoces do PP de Miño, Jesús Veiga e MPA, Ricardo Sánchez, asinaron hoxe un pacto de lexislatura

 

MIÑO, 20  DE XANEIRO  DE 2016

Dar estabilidade a un goberno que debe afrontar iniciativas de futuro pra Miño, é o principal obxectivo do acordo de goberno suscrito hoxe perante notario polos máximos responsables locais de Miño Plataforma Aberta e Partido Popular de Miño, Alcalde e Portavoz Popular respectivamente, no consistorio miñés. O acordo, con vocación de pacto de lexislatura,  garantizará a gobernabilidade e estabilidade do Concello de Miño e senta as bases pra acometer unha xestión eficiente dos recursos  a implementación de medidas que permitan afrontar algun dos grades retos ós que se enfrenta o municipio. Un pacto que non só recolle un mero reparto das concellerías ou competencial, senon que a esencia fundamental de este acordo é o seu programa é a fixación de obxetivos consensuados por amba-las duas partes.


O programa de goberno está baseado esencialmente en catro grandes áreas, que son: a participación e transparencia cidadá, os servicios sociais, a rexeneración e ordenación do territorio  e a área económica e de  facenda.


Con respecto os grandes asuntos que ten que afrontar, na actualidade,  Miño e o seu goberno: a débeda devenida dos expropiados de Fadesa. O novo equipo de goberno  ten como propósito seguir adiante coas negociacions necesarias pra acadar o maior prazo posible pra a devolución do empréstito  ó Estado e, ademais,  activar todo- los recursos pra que a liquidadora de Fadesa, atenda ós dereitos da institución municipal  finalmente lle sean destinados os recursos necesarios pra facer fronte á débeda xerada.



PROGRAMA

Benestar Social, emprego e xestión eficiente na xestión financieira serán os eixos fundamentais do equipo de goberno de Miño. Para elo, o programa de goberno consensuado por ambas formacions, afrontará os próximos anos con un conxunto de prioridades:


Participación Cidadá

  • Revisión e actualización do rexistro de asociacions.

  • A Orde do Día dos Plenos será redactada po-la xunta de Goberno Local.

  • Aprobación dun Regulamento Orgánico do Concello de Miño.

  • Garantías de participación cidadá nos Plenos.

  • Aprobación dun Regulamento de Participación Cidadá.

  • Impulso e mellora do Servicio de Atención ó Cidadá.


Transparencia

  • Continuar co desenrolo do portal web do Concello.

  • Regulación do acceso da cidadanía á información cidadá.

  • Publicación do estado de execución orzamentaria e dos contratos de servizos do Concello.

  • Desenrolo da Lei de Transparencia.

  • Compromiso de requerir informes ós habilitados nacionais para os acordos plenarios e da xunta de Goberno Local.

  • Grabar e difundir os procesos de licitación coa finalidade de que os cidadans de Miño poidan coñecer o importe das adxudicacions e a valoración técnica das empresas adxudicatarias.

  • Os Concelleiros darán conta de maneira periódica á cidadanía da sua xestión.


Benestar Social e Igualdade

  • Apertura do Centro de Día e do Parque das Idades.

  • Programa de conciliación laboral en época fora da xornada escolar.

  • Traballo coas entidades sociais para potenciar o plan de alimentos.

  • Apoio a familias en risco de desafiuzamento.

  • Non ós cortes de auga por falta de pago nin á pobreza enerxética.

  • Plan integral de igualdade.

  • Protección e asesoramento legal para a muller.

  • Creación dunha guía de empresas e comercio local.

  • Incremento do orzamento en Servicios Sociais ata unha porcentaxe a acordar pola Comisión de Programa.

  • Reestructuración dos Servicios Sociais.

  • Transporte ó Centro de Saúde.


Desenrolo Local

  • Elaboración dun Plan de Dinamización Turística que permita afrontar oportunidades de desenrolo na materia e que, de forma trasversal con outras concellerías, permita un crecemento diste sector.

  • Arteria secundaria de abastecemento de auga ó núcleo urban de Miño.

  • Plan de saneamento en Miño e parroquias.

  • Plans para combatir o desemprego.

  • Novos “obradoiros” de emprego.

  • Apoio a Pemes e autónomos locais.

  • Coordinación de compras municipaisfavorecendo o comercio local e de proximidade.


Urbanismo, Medioambiente, Facenda e persoal

  • Revisión do PXOM.

  • Realización das xestions necesarias para a prolongación do Paseo Marítimo dende a praia Grande ata o porto

  • Redacción da R.P.T.

  • Establecemento dun sistema de indicadores para oseguimento da  xestion municipal.

  • Continuar co pago á proveedores nun período medio de 20 días.

  • Cumprimentoda lei de morosidade.

  • Acadar maior remanente de Tesoureiría, para o que poderá chegar a analizarse unha revisión á alza do IBI as propiedades baleiras da banca e de promotoras.

  • Estudo de bonificacions fiscais en impostos e taxas municipais para os sectores mais desprotexidos.

  • Reestructuración da Área de Urbanismo.

  • Estudo de alternativas para a conexión entre parroquias favorecendo a mobilidade peonil e en bicicleta.

  • Dotar á area de Medioambente dun adecuado orzamento, que permita afrontar políticas efectivas de conservación e recuperación ambiental... de forma especial no relacionado coa loita contra especies invasoras e a rexeneracion de espazos naturais en risco


Educación e Cultura

  • Apoio a toda- las entidades socio-culturais.

  • Apoio ás Comisions de Festas.

  • Apoio á cultura galega e, en particular,  á  celebración de festas tradicionais como as romerías de San Ramón y San Paio.

  • Potenciación de convenios relativos á educación, como os da ANPA ou ASPACE e ASPADISOL.


Medio Rural

  • Apoio ás Parroquias en aspectos vencellados con redes viarias, alumbrado público, parques.


Deportes e mocidade

  • Finalización da Área de Deportes da Galea eposta en valor (dentro do Plan de Dinamización Turística) de potencilialidades turístico – deportivas.


 

EQUIPO DE GOBERNO

 

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Formada por:

  • Alcalde: Ricardo Sánchez Oroza

  • Tenentes de Alcalde:


1º Tenente de Alcalde: Jesús Veiga Sabín.

2º Tenente de Alcalde: Josefina Romeu.

3ª Tenente de Alcalde: Agustín Andrés Andrés.

4º Tenente de Alcalde: Ana Picos Freijomil.

 

* A Xunta de Goberno Local reunirase semanalmente de xeito ordinario.

 

CONCELLERIAS: Transparencia,  Participación Cidadá  e portavocía:   Ricardo Sánchez Oroza.

  1. Desenrolo local, Plans, vías e obras, Emprego: Jesús Veiga Sabín.

  2. Benestar social e igualdade, comercio, turismo: Josefina Romeu

  3. Urbanismo, medioambente, contratación, facenda e personal: Agustín Andrés Andrés

  4. Educación e Cultura: Ana Picos Freijomil.

  5. Medio Rural: Antonio Doce Lourido.

  6. Deportes e mocidade: José Paz Casal.


 

 
Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies. Aceptar